Imaxe de cabeceira da campaña

Soster a vida en Palestina, oficio a oficio.


Fortalezamos as ferramentas da economía popular fronte á ocupación.

Lortutakoa
0
Obxectivo: 50.000,00 €
0
Doazóns
136
Días para finalizar a campaña

En Palestina, soster unha panadería, un taller de costura ou un campo de oliveiras non é só unha forma de gañarse a vida: é unha forma de resistir. No medio dunha ocupación que arrasa terras, encarcera persoas, bombardea mercados e bloquea territorios, miles de palestinas e palestinos levántanse cada día para sementar, cociñar, coser, transportar, coidar. Son oficios que sosteñen a comunidades enteiras. E que, por iso mesmo, tamén son atacados.

Fronte a esta realidade, a Fundación Coop57 propuxémonos apoiar a autonomía da economía solidaria palestina. Facémolo a través dunha ferramenta concreta da economía popular palestina: o proxecto DAMAN: un sistema de Garantía Solidaria de Crédito que garante os micropréstamos de pequenas  iniciativas —moitas delas lideradas por mulleres— mesmo nun contexto de guerra e ocupación, cando o risco (de falta de pago) é tan grande que imposibilita a actividade económica. Se un negocio é destruído ou unha traballadora encarcerada, DAMAN cobre parte do préstamo (ata o 80%), compartindo o risco coas entidades de microfinanzas.

Desde a Fundación Coop57, lanzamos esta campaña para recadar fondos que reforcen ese sistema de garantías e permitan que a economía social palestina siga en pé. Porque cremos que a solidariedade financeira tamén é unha ferramenta de resistencia e o crédito pode ser un recurso de autonomía e coidado. Porque mentres os nosos países financien o xenocidio e a ocupación co comercio de armas e silencios cómplices, as nosas redes financiarán a economía popular que sostén a vida digna en Palestina.

Esta campaña é unha aposta pola xustiza económica. Unha proposta concreta para quen creo que a economía debe estar ao servizo das persoas, e que a solidariedade internacionalista tamén pasa por fortalecer as redes de resiliencia de quen loita por unha vida digna mentres resisten ao colonialismo.

FORMULARIO DE DOAZÓN

DATOS

DOAZÓN

Só se publican o nome, apelidos e a cantidade

CONDICIÓNS