Fundación Coop57

Fundación Coop57: apoiando a transformación social


F57gl.jpg 1.08 MB


A Fundación Coop57 é unha ferramenta colectiva que impulsa e apoia iniciativas transformadoras cun alto impacto social. É unha ferramenta complementaria a Coop57, a cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, que permite chegar alá onde o crédito non é viable pero a acción social e comunitaria é imprescindible. O obxectivo da Fundación é canalizar recursos cara a proxectos colectivos que traballan por unha sociedade máis xusta, democrática e sostible, promovendo un modelo económico baseado na cooperación, a solidariedade e o apoio mutuo. Para iso, articula fondos económicos de carácter solidario e impulsa liñas de acción propias, sempre cunha mirada transformadora e arraigada aos valores da Economía Social e Solidaria (ESS).


En que ámbitos traballamos?
A Fundación Coop57 apoia iniciativas que promoven outra forma de entender a economía e as relacións sociais. Os nosos eixos de traballo son:



· Loita contra as desigualdades e a exclusión social: Traballamos para eliminar as barreiras que afectan a colectivos vulnerables, como persoas migradas, mulleres e novas, facilitando a súa incorporación á Economía Social e Solidaria (ESS).


· Loita contra a precariedade laboral: Apoiamos iniciativas que promoven condicións laborais dignas e a defensa dos dereitos laborais, fortalecendo o sindicalismo e a organización colectiva.


· Impulso da transición enerxética: Fomentamos proxectos que apostan pola eficiencia enerxética e as enerxías renovables, contribuíndo á democratización da enerxía xa a sustentabilidade ambiental.


· Revitalización do mundo rural: Apoiamos iniciativas que promoven a soberanía alimentaria, a economía cooperativa e a defensa da biodiversidade, fortalecendo o tecido social e económico das zonas rurais.


Estes eixos de actuación están atravesados por prioridades transversais como o antiracismo, os feminismos e o ecoloxismo para contribuír a ampliar e consolidar a ESS, ofrecendo apoio alá onde é necesario para construír unha economía ao servizo das persoas e do ben común.