
Soster a vida en Palestina, oficio a oficio.
Fortalezamos as ferramentas da economía popular fronte á ocupación.
Lortutakoa
0
€
0
136
Días para finalizar a campaña
>>>Colabora na difusión da campaña
06/05/2025

Axúdasnos a difundir a campaña para fortalecer a resiliencia da economía popular palestina?
1. Anima a outras persoas e ao teu colectivo para realizar unha achega. Podes descargate gráficos en: https://summum.coop57.coop/é/economiapalestina/noticias/difusion
2. Envía a seguinte mensaxe aos teus contactos:
🧵🇵🇸 A economía popular palestina está a ser devastada pola ocupación e o xenocidio. Aínda así, o pobo palestino érguese cada día para soster á súa comunidade.
🌿 Desde a Fundación Coop57 queremos apoiar a súa resiliencia co sistema DAMAN: unha rede de garantía solidaria que apoia ás entidades de microcrédito. Se unha tenda é destruída ou a poboación desprazada, DAMAN cobre parte do préstamo. Así, as persoas non quedan endebedadas e a rede financeira palestina non se colapsa.
🔸 Porque o crédito tamén pode ser unha ferramenta de autonomía, coidado e xustiza internacionalista.
🔸 Porque mentres os nosos gobernos sexan cómplices coa ocupación e o xenocidio, nós financiaremos a vida que resiste.
🔸 e porque cada oficio que resiste, sostén un pedazo de Palestina.
🔗 Colabora e axúdanos a difundir: Soster a vida en Palestina, oficio a oficio
3. Difunde o seguinte material de campaña entre as túas redes sociais, etiquetando a quen poida interesarlle, así como a @fundaciocoop57. Engade os hashtags #SostenerPalestina #ResilienciaPalestina #EconomiaPalestina #OficioaOficio #Palestina.
Podes acceder aquí aos gráficos e infografías
Moitas grazas
FORMULARIO DE DOAZÓN