Caixa de resistencia para folgas de alugueiros


Enchamos unha hucha de solidariedade para facer posibles as folgas de alugueiros que xa están a empezar a organizarse

Lortutakoa
0
Obxectivo: 250.000,00 €
0
Doazóns
175
Días para finalizar a campaña


A loita inquilina fíxose sempre con desobediencia. Agora, o Sindicat de Llogateres de Catalunya e o Sindicato de Inquilinas de Madrid están a organizar folgas de alugueiros para gañar o pulso á Caixa e a Nestar-Azora. Decenas de inquilinos loitan pola vivenda pública e contra os contratos abusivos. Son só as primeiras: as folgas de alugueiros viñeron para quedar. Pero para redobrar a aposta contra o rendismo, necesitamos novas ferramentas. Enche a caixa de resistencia.

A Fundación Coop57, en defensa do dereito fundamental á vivenda, impulsa unha campaña de apoio solidario coa alianza política que o Sindicat de Llogateres de Catalunya e o Sindicato de Inquilinas de Madrid estableceron para poder crear unha caixa de resistencia ao servizo das folgas de alugueiros que ambos os sindicatos impulsen. Sempre coa porta aberta á posibilidade que, se no futuro outros sindicatos organizan de forma asemblearia coas inquilinos folgas de alugueiros, tamén poidan acceder a esta estrutura popular e a súa gobernanza.

Uns queremos unha vivenda para vivir nela, mentres outros as acumulan para vivir do noso traballo. Pero cada vez son máis os inquilinos e inquilinas que deciden unirse aos sindicatos, que non se van da súa casa cando o caseiro quere botalos, que se nega a asumir novas subidas de alugueiro… Debemos estar á beira de quen hoxe protagoniza e organiza as primeiras folgas de alugueiros. A súa loita tamén é polos nosos dereitos.

Organizar unha folga de alugueiros supón uns gastos económicos. O diñeiro recadado dedicarase a sufragar as accións legais vinculadas á folga e as necesidades loxísticas e organizativas da mesma. Ademais, se se recadase máis diñeiro do que se necesite nas folgas actuais, conformarase unha caixa de resistencia dispoñible para futuras folgas de alugueiro.

logotipat2.jpg 288.36 KB


2024-11-23_Mani_23N_5618_cr_s.jpg 2.38 MB


FORMULARIO DE DOAZÓN

DATOS

DOAZÓN

Só se publican o nome, apelidos e a cantidade

CONDICIÓNS