Costurearte
A arte feita costura. Outras formas de facer economía son posibles.

Condicións das doazóns para apoiar o Costurearte
A Fundación Coop57 xestiona estas doazóns solidarias. De conformidade cos artigos 18, 19 e 20 da Lei 49/2002, modificada como consecuencia da pandemia de Covid19 para estimular o apoio e o financiamento das iniciativas sociais (Real Decreto lei 17/2020, do 5 de maio, BOE 6/5/2020), as deducións fiscais modifícanse e amplíanse nas seguintes condicións:
Persoa física: poderás deducir na túa declaración da renda o 80% da túa doazón nos primeiros 250€ e o 35% no importe restante. Se as doazóns se manteñen ou aumentan en anos sucesivos, a porcentaxe de dedución aplicable, ata o importe que supere os 250€, será do 40%.
Persoa xurídica: Podes deducir o 40% da túa doazón do Imposto de Sociedades. Se as doazóns se manteñen ou aumentan en anos sucesivos, a porcentaxe de dedución aplicable será do 50%. Cun límite xeral do 15% da base impoñible.
Tanto as persoas físicas como xurídicas recibirán o correspondente certificado fiscal, expedido pola Fundación Coop57, durante o primeiro trimestre de 2026, antes da apertura do período de declaración da renda. A doazón tamén sairá automaticamente no borrador da declaración, dado que xa serían previamente comunicadas oportunamente ás autoridades tributarias.