Imaxe de cabeceira da campaña

Campaña de Nadal 2026


Arraigando comunidade, interdependencia, vidas dignas, autonomía, futuros desexables.

Imaxe de cabeceira da campaña
Lortutakoa
0 €
Obxectivo: 20.000,00 €
0
Doazóns

Hai proxectos que son imprescindibles para transformar a realidade e que, aínda así, non encaixan en ningún modelo de financiamento tradicional. A Fundación Coop57 existe para eles: para que aquilo que sostén a vida non dependa de se é rendible.

Este ano volvemos comprobalo. Acompañamos proxectos de coidados, iniciativas culturais e comunitarias, espazos autoxestionados, redes de solidariedade internacional e caixas de resistencia que permitiron que moitas loitas non se detivesen por falta de recursos.

Nada disto o facemos soas. Cada proxecto que sae adiante é froito de moitas mans que deciden poñer os cartos ao servizo da comunidade, a interdependencia, as vidas dignas e a autonomía. Das alternativas que nos permiten imaxinar futuros desexables e comezar a construílos hoxe.

Contamos contigo. Animámoste a facer unha doazón para que en 2027 poidamos seguir sostendo, xuntas, todo aquilo que nos sostén.

 

Grazas por estares aí!

FORMULARIO DE DOAZÓN

DATOS

DOAZÓN

€
Só se publican o nome, apelidos e a cantidade

CONDICIÓNS